O título profesional básico en Servizos Comerciais queda identificado polos se-guintes elementos:
– Denominación: Servizos Comerciais.
– Nivel: formación profesional básica.
– Duración: 2.000 horas.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
– Auxiliar de dependente de comercio.
– Auxiliar de animación do punto de venda.
– Auxiliar de venda.
– Auxiliar de promoción de vendas.
– Empregado/a de reposición.
– Operador/ora de cobramento ou caixeiro/a.
– Operario/a de pedidos.
– Operador/ora de carreta de recepción e expedición.
– Contador/ora de recepción e expedición.
– Operario/a de loxística.
– Auxiliar de información.
Os módulos do ciclo formativo de formación profesional básica de Servizos Comerciais son os que se relacionan:
Módulos profesionais
1ºcurso
- Tratamento informático de datos.
- Aplicacións básicas de ofimática.
- Atención á clientela.
- Preparación de pedidos e venda de produtos.
- Ciencias aplicadas I.
- Comunicación e sociedade I.
2ºcurso
- Ciencias aplicadas II.
- Comunicación e sociedade II.
- Técnicas básicas de merchandising.
- Operacións auxiliares de almacenaxe.
- Formación en centros de traballo.
O título profesional básico en Servizos Comerciais terá preferencia para a admisión a todos os títulos de grao medio das familias profesionais de:
– Administración e Xestión.
– Comercio e Márketing.
– Téxtil, Confección e Pel.
– Vidro e Cerámica.
– Artes Gráficas.