Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado. Fechas: do 11 o 18 de maio de 2020

Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

  1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
    Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
NOVOS PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN PARA O CURSO 2020/2021
Presentación en prazo ordinario de solicitudes de admisión (alumnado que cambie de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos superiores nun centro non adscrito)Do 11 ó 18 de maio
Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremoAta o 26 de maio
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidasAntes do 9 de xuño
Reclamacións (realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados)Prazo máximo de 3 días hábiles a partir do día seguite á súa publicación
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidasAta o 26 de xuño
Formalización da matrícula en Educación Infantil e PrimariaDo 1 ó 10 de xullo
Formalización da matrícula en ESO e bacharelatoDo 1 ó 10 de xullo
Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e bacharelatoDo 1 ó 10 de setembro

Artigo 13. Información ao alumnado e ás familias


1. Os centros docentes sustentados con fondos públicos facilitarán ao alumnado e ás familias información sobre os aspectos concretos mencionados no artigo 3 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro.


2. Así mesmo, durante o proceso de admisión do alumnado, exporán no seu taboleiro de anuncios e en todos os sistemas de información pública de que dispoñan, como mínimo, a seguinte información:


a) Normativa reguladora do procedemento de admisión.


b) Postos escolares ofertados para o curso académico nos niveis de ensino aos que se refira o procedemento de admisión.


c) Prazo de presentación das solicitudes de admisión. 


d) Nota informativa que indique expresamente:


1º. Que cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. 

 
2º. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 
3º. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad‑misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.


e) Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso. 


f) Calendario que inclúa a data de publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e os prazos para formular reclamación. 


g) Prazo para formalizar a matrícula que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo III desta orde.


h) Centros que ten adscritos, e adscrición do centro a outro ou outros, se é o caso.


i) Área de influencia do centro en cada unha das ensinanzas impartidas e áreas limí‑ trofes.


j) Servizos complementarios que ofreza o centro, identificando a normativa concreta que os regule