Cayetana Alonso, alumna de 6º de Educación Primaria do Colexio San Miguel II gañadora do concurso «GRUMETES POLO MAR» de Pescanova.

Cayetana Alonso, alumna de 6º de Educación Primaria do Colexio San Miguel II de Vigo, foi a gañadora de Grumetes polo futuro do mar, o primeiro concurso de relato infantil en galego organizado polo Grupo Nova Pescanova para conmemorar o 17 de maio, Día das Letras Galegas. A viaxe dunha botella é o conto escrito por Cayetana Alonso, que en forma de poesía explica a travesía polo mar dunha botella reciclable.