AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020

NOTA INFORMATIVA DO 26 DE FEBREIRO

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

O formulario de solicitude atoparase a partir do menú “2. Solicitar axuda”

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Acceso ao cartel informativo

Acceso á guía para cubrir a solicitude 

Acceso á informacion sobre a presentación electrónica

No caso de ter que engadir algunha documentación, con posterioridade á presentación da solicitude, debe achegar dita documentación xunto coa Instancia para engadir documentación. Acceso

– Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.

– Indícase a importancia de facilitar, alomenos, un teléfono de contacto.

Nota Anexo II: 

Teña en conta que o formulario electrónico dispón dun botón denominado “Engadir nova fila de parente” para o caso de ter que engadir más de dous parentes.

Deberá estar asinado por:

a) Os proxenitores non separados legalmente nin divorciados ou, no se caso, o/a titor/a ou titores/as do alumnado.

b) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida.

c) Os/as irmáns/ás do/a solicitante maiores de 18 anos e menores de 25 anos.

No caso dos/as irmáns/ás do/a solicitante, así como no caso do/da solicitante, maiores de 16 anos e menores de de 18 anos, cubrirase o Anexo II, indicando o seu parentesco (no caso do solicitante, cubrirá como “outro/a”), o seu nome e apelidos e o seu NIF, facendo constar na mesma fila (nas columnas correspondentes) o nome e apelidos, o NIF e a sinatura do titor/a ou representante legal.

d) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, excepto nos casos de custodia compartida.

As persoas que elixan a opción “imprimir para entrega por Rexistro Oficial obterán DOUS arquivos en formato pdf (anexos I e II) que deberán imprimir e asinar no lugar correspondente. Deberase ter en conta que, de marcar cun “x” os cadros no anexo II, significa non dar autorización (e a obriga de presentar a documentación correspondente). A autorización entenderase deixando os cadros en branco e asinando no lugar correspondente.

– No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)

Prazo aberto dende o 27 de febreiro ata o 26 de marzo (incluído