«

»

feb 26 2018

Imprimir este Entrada

Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos

Prazo

Prazo de presentación:

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo de 2018. Os prazos para a tramitación dos procedementos de matrícula do alumnado para o próximo curso 2018/19 son os que se indican a continuación: – Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño (Anexo III-1) / – Formalización de matrícula en ESO: 25 de xuño-10 de xullo (Anexos III-2 e III-3, respectivamente) / – Prazo extraordinario de matrícula en ESO: 1-10 setembro (Anexos III-2 e III-3, respectivamente).

Documentación para a presentación

  • O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:
    • a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
    • b) Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a.
    • c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos academicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo II.
    • d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se e o caso.

Enlace permanente a este artículo: http://gecastrosanmiguel.com/blog1/?p=3476