Entradas de la categoría 'San Miguel 2'

feb 27 2020

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020

 

 

 

NOTA INFORMATIVA DO 26 DE FEBREIRO

 

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

O formulario de solicitude atoparase a partir do menú “2. Solicitar axuda”

Acceso ao texto da Orde de convocatoria

Acceso ao cartel informativo

Acceso á guía para cubrir a solicitude 

Acceso á informacion sobre a presentación electrónica

No caso de ter que engadir algunha documentacióncon posterioridade á presentación da solicitude, debe achegar dita documentación xunto coa Instancia para engadir documentación. Acceso

- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, a fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.

- Indícase a importancia de facilitar, alomenos, un teléfono de contacto.

Nota Anexo II: 

Teña en conta que o formulario electrónico dispón dun botón denominado “Engadir nova fila de parente” para o caso de ter que engadir más de dous parentes.

Deberá estar asinado por:

a) Os proxenitores non separados legalmente nin divorciados ou, no se caso, o/a titor/a ou titores/as do alumnado.

b) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida.

c) Os/as irmáns/ás do/a solicitante maiores de 18 anos e menores de 25 anos.

No caso dos/as irmáns/ás do/a solicitante, así como no caso do/da solicitante, maiores de 16 anos e menores de de 18 anos, cubrirase o Anexo II, indicando o seu parentesco (no caso do solicitante, cubrirá como “outro/a”), o seu nome e apelidos e o seu NIF, facendo constar na mesma fila (nas columnas correspondentes) o nome e apelidos, o NIF e a sinatura do titor/a ou representante legal.

d) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, excepto nos casos de custodia compartida.

As persoas que elixan a opción “imprimir para entrega por Rexistro Oficial obterán DOUS arquivos en formato pdf (anexos I e II) que deberán imprimir e asinar no lugar correspondente. Deberase ter en conta que, de marcar cun “x” os cadros no anexo II, significa non dar autorización (e a obriga de presentar a documentación correspondente). A autorización entenderase deixando os cadros en branco e asinando no lugar correspondente.

- No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)

Prazo aberto dende o 27 de febreiro ata o 26 de marzo (incluído)

 

 


Achega das familias (€)
MODALIDADE DURACIÓN RÉXIME ALOXAMENTO Nº PRAZAS CUSTO POR PRAZA (€) GRUPO A GRUPO B GRUPO C GRUPO D
2º BACH. Inglés en Canadá 3 semanas Familia 80 2.950 375 670 1.180 1.475
Inglés no Reino Unido 3 semanas Familia 90 2.244,55 285 510 898 1.122
Francés en Francia 3 semanas Familia ou residencia 15 2.244,55 285 510 898 1.122
Portugués en Portugal 3 semanas Familia ou residencia 5 2.000,13 254 454 800 1.000
1º BACH. Inglés no Reino Unido 3 semanas Familia 150 2.244,55 285 510 898 1.122
Inglés en Canadá 3 semanas Familia 135 2.950 375 670 1.180 1.475
Inglés en Canadá- Integración 4 semanas Familia 30 3.367 428 764 1.347 1.684
Inglés en Galicia 1 semana Residencia 50 755,04 96 171 302 378
Francés en Francia 3 semanas Familia ou residencia 15 2.244,55 285 510 898 1.122
Portugués en Portugal 3 semanas Familia ou residencia 5 2.000,13 254 454 800 1.000
4º ESO Inglés en Galicia 1 semana Residencia 50 755,04 96 171 302 378
4º ESO Inglés en Galicia 2 semanas Residencia 90 554,18 70 126 222 277
3º ESO Inglés en Galicia 2 semanas Residencia 180 554,18 70 126 222 277
2º ESO Inglés en Galicia 2 semanas Residencia 325 554,18 70 126 222 277
1º ESO Inglés en Galicia 2 semanas Residencia 380 554,18 70 126 222 277

CONSULTAS

Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es

Atención telefónica:

881997426 – 881997424 – 881997497 – 981546544 – 981957538 – 881996112

 

 

 

Enlace permanente a este artículo: http://gecastrosanmiguel.com/blog1/?p=4236

feb 17 2020

Información xeral das probas de acceso a grao medio

Información xeral das probas de acceso a grao medio

 

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

- persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

 

A proba divídese en tres partes:

 

- Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.

- Matemática: matemáticas.

- Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.

 

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

 

A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclo para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.

 

No seguinte enlace poderá consultar os Contidos de referencia e criterios de avaliación e os Materiais de probas de acceso (materiais didácticos e exames de convocatorias anteriores):

 

https://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio

 

Lugar de presentación de solicitude

As solicitudes poderanse presentar en calquera centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de Formación Profesional.

 

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

- Ligazón á aplicación informática:

https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

 

 

Normativa de referencia

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información.

https://www.edu.xunta.es/fp/normativa-probas

 

 

Calendario das probas de acceso

Enlace permanente a este artículo: http://gecastrosanmiguel.com/blog1/?p=4231

ene 24 2020

CALENDARIO EXÁMENES 2º EVALUACIÓN ESO SAN MIGUEL 2

CALENDARIO EXÁMENES 2º EVALUACIÓN ESO SAN MIGUEL 2

 

Enlace permanente a este artículo: http://gecastrosanmiguel.com/blog1/?p=4219

ene 23 2020

Jornadas de Puertas Abiertas Colegio El Castro Y San Miguel 2

Jornadas de Puertas Abiertas Colegio El Castro Y San Miguel 2

Enlace permanente a este artículo: http://gecastrosanmiguel.com/blog1/?p=4212

dic 20 2019

DATAS EXAMES 1º BACHARELATO 2ª AVALIACIÓN (CURSO 19 – 20)

DATAS EXAMES 1º BACHARELATO 2ª AVALIACIÓN (CURSO 19 – 20)

 

Enlace permanente a este artículo: http://gecastrosanmiguel.com/blog1/?p=4206

dic 18 2019

DATAS EXAMES 2º BACHARELATO 2ª AVALIACIÓN (CURSO 19 – 20)

DATAS EXAMES 2º BACHARELATO 2ª AVALIACIÓN (CURSO 19 – 20)

 

Enlace permanente a este artículo: http://gecastrosanmiguel.com/blog1/?p=4202

Entradas más antiguas «